Saturday 04 de May de 2024

A Xunta destaca a importancia de potenciar iniciativas que faciliten o inicio da recuperación económica


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, clausurou en Santiago o Encontro de directivos “100 consellos para o 2016”

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá a importancia que ten para o goberno galego, potenciar iniciativas, tanto no eido empresarial, coma no social, para os emprendedores galegos que faciliten o inicio da recuperación económica.

Rueda clausurou hoxe o Encontro de directivos “100 consellos para o 2016”, que tivo lugar en Santiago, onde destacou que o goberno galego aprobou recentemente o Plan Estratéxico de cara ao 2020, marcando xa as prioridades políticas da Xunta para o vindeiro período, nun contexto de recuperación económica, e onde tamén relatou que o goberno galego xa fai dous anos que presentou na UE, a Estratexia RIS3 de Especialización Intelixente, coa intención de potenciar esa economía do futuro.

Na mesma liña, destacou que a Xunta procura unha unha sociedade na que as institucións proporcionen o marco de convivencia e un entorno necesario para innovar en liberdade, e indicou o proxecto posto en marcha a pasada semana dende o goberno galego, a Oficina Doing Business, para facer posible que as persoas que queren emprender neste país alerten á administración das barreiras e dos atrancos que atopan.

O Encontro “100 consellos para o 2016” aglutinou a directivos e empresarios galegos coa finalidade de maximizar o valor humano das empresas, estivo inaugurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.